Estas últimas semanas de outubro, con motivo do Samaín, os integrantes de Salle Xove Ferrol decidiron apuntarse a un concurso de portas terroríficas, co cal poderían optar a un premio destinado a unha ONG. Aproveitando que nos centros La Salle colaboramos con PROYDE, propúxoselles aos alumnos de Salle Xove que no caso de gañar o premio doaríase á mesma.

Puxéronse mans á obra con produtos reciclados, tendo en conta a Campaña de PROYDE “Plantemos as bases, sementemos futuro”, conseguiron deseñar e decorar dúas portas verdadeiramente terroríficas.

Finalmente,  1 de novembro publicaron os gañadores do concurso e, aínda que os nosos alumnos non foron uns deles, pasárono francamente ben e ademais aproveitaron recursos reciclados que favorecerán a unha mellora do planeta neste cambio climático que vivimos. Quizais teñan máis sorte o próximo curso!

{gallery}Ferrol_OCT_21{/gallery}