Comercio XustoCon "moita xente pequena... "

Así, pouco a pouco o noso Colexio La Salle de Santiago vai dando pasos por un mundo máis xusto. Este verán estivemos presentes en Diebougou (Burkina Faso) durante mes e medio en Voluntariado Internacional.

Ao inicio deste curso escolar faise unha convocatoria para “PROYDE Joven” e un novo grupo empeza a funcionar con reunións semanais cada venres ás 17:30.

Puxemos en funcionamento unha cafeteira, elixida por Comercio Xusto a nivel nacional, na sala de profesores de Educación Infantil e Primaria.

A "Tahurita", tenda de Comercio Xusto a nivel colexial, inicia a súa actividade os mércores e venres á hora dos recreos para Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. Os venres de 17:30 a 18:00 para as familias.

É obrigado mencionar o apoio material e do persoal de SERESCA que realiza o seu labor en cociña, comedor, limpeza e servizos en xeral do colexio.

E todo porque con "moita xente pequena, facendo moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, pode cambiar o mundo"

FAITE SOCIO DE PROYDE! Entre outros destinos, África necesita a túa axuda.